Fernández Paz, Agustín

O único que queda é o amor / Agustín Fernández Paz - 3ª ed. - Vigo : Xerais , 2008 - 175 p. : il. cor ; 23 cm

Un radiante silencio; Amor de agosto; Esta estraña lucidez; Unha historia de fantasmas; Ríos da memoria; Loanza da filatelia; Unha foto na rúa; Meditación ante o álbum de fotos familiar: Despois de tantos anos; Un río de palabras; De amores e de libros.

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián. todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.


1º-2º ESO

9788497826280


Amor
LIX
Contos
Sentimentos
Amarelo
Desamor

821.134.4-34"20" 82-N

Coa tecnoloxía Koha